martes, 17 de enero de 2023

EN BICICLETA NA PROCURA DO MAR

Apetécevos participar nunha viaxe virtual cara ao mar?.

Se vos animades, iniciaremos un camiño compartido, no que por medio da superación de retos e desafíos, traballando en equipo e de xeito cooperativo poderemos ir completando as etapas do traxecto. Avanzaremos conforme cada un de vós fagades un tramo da ruta na bicicleta estática, coa finalidade de chegar a cada parada onde, utilizando os cartos que iredes gañando (superando os retos anteriormente mencionados), buscaredes aloxamento, almorzo, xantar e cea segundo corresponda.

Asemade, ademáis dos cartos, poderedes acceder a bonos de desconto  en función de:

- consumo responsable (produtos ecolóxicos, dieta saúdable e aforro enerxético) 

-nivel de implicación

- destreza no traballo colaborativo (presentación, axuda, cooperación e respeto aos compañeir@s).

Antes de nada, presentarvos o percorrido que ides realizar........

ITINERARIO CICLISTA DE TOURO AO MAR



1ª ACTIVIDADE-
 
Pequeno Grupo

O primeiro que ides facer (nos grupo de catro) é deseñar os billetes (papel moeda) que utilizaredes na viaxe, para elo terán que levar:

a- Nome do billete (inventado por vós e relacionado con Francisco Fernández del Riego)

b-Valor.... 5 billetes de 1-5-10-20-50

c-Alomenos dúas imaxénes a escoller das tres seguintes:

c.1-Foto de Francisco Fernández del Riego (ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas)
 
c.2-Portada do Libro Galicia (na que està inspirada esta viaxe)

c..3-Unha bicicleta

d-CEIP FONTE-DIAZ 

e-República DE 6º
 
RECOMPENSA................30 luguesas A CADA UN POR REMATAR E 100 luguesas PARA O EQUIPO DO BILLETE ESCOLLIDO 
 
exemplo 
 
 
 
 
 
 
 
2ª ACTIVIDADE 
 
Individual
 
Elaboración de dípticos onde se recollan:
 
-Portada
-Os beneficios para a saúde de andar en bicicleta
-Os beneficios para o medio ambiente no uso da bici.
-Eslogan
 
RECOMPENSA..................30 luguesas A CADA UNO POR REMATAR E 100 luguesas PARA O EQUIPO DO DÍPTICO ESCOLLIDO.
 
3ª ACTIVIDADE

Pequeno grupo

Elaborade unha presentación onde figuren:
a- as imáxenes dos billetes
b- o país de procedencia,
c- e explicación do deseño 
d- a equivalencia entre euro o billete correspondente e o da república de 6º.
 
LIBRA ESTERLINA

DOLAR

YEN

FRANCO SUIZO
 
RECOMPENSA..................30 LUGUESAS PARA CADA UN POR REMATAR E 100  MÁIS POR FACELO CORRECTAMENTE .


4ª ACTIVIDADE
 Tras o visionado do documental MAYBE DIE, naseado na viaxe en bicicleta ao longo de Xapón dun grupo de ciclitas do noso país, faremos un Kahoot sobre o que alí víchedes.

 
5ª ACTIVIDADE 

Como se vos explicou, o traxecto en bici ata chegar ao mar transcurre paralelo ao rio Ulla, que desemboca no Océano Atlántico (na Ría de Arousa).
Ao longo de de 50 kms o Ulla atravesa o noso Concello e nútrese de numerosos afluentes (pequenos rios e regatos que van a parar ao Ulla).
Investiga e busca información dos nomes de alo menos dez regatos que pasan polas vosas parroquias e por todo o Concello. Anota a información (regato- 1 parroquia pola que pasa)

 


RECOMPENSA..................10 LUGUESAS PARA CADA UN POR REMATAR E 20  MÁIS PARA CADA EQUIPO POR FACELO CORRECTAMENTE .
 
6ª ACTIVIDADE

Nesta tarefa ides a facer uso da vosa creatividade e imaxinación. Co título de "Aluminios perigosos", teredes que escribir unha historia vencellada ao título.....que sucedería se todo papel de aluminio que está tirado por todos lados cobrara vida e nos invadira?....Partindo dos vosos relatos imos a elaborar unha curtametraxe na que vós seredes, xunto co aluminio, os protagonistas.

RECOMPENSA..................30 LUGUESAS PARA CADA UN POR REMATAR E 100  MÁIS POR FACELO CORRECTAMENTE .
 

7ª ACTIVIDADE

Chegou o momento de mercar a comida. Seguindo as recomendacións de boa alimentación que estudamos no tema de CN, deberemos elaborar un menú diario (almorzo, xantar e cea).
 

Estes son algúns consellos para levar unha dieta equilibrada:

  • Mantente hidratado bebendo entre 1,5 e 2 litros de auga ao día.
  • Toma cinco racións de froita ou verdura ao día. Achegan vitaminas, sales minerais e parte da auga que necesitas. A mellor opción é sempre tomar froitas e verduras frescas e de tempada. As froitas poden ser unha sobremesa ideal.
  • Usa aceite de oliva, por exemplo, nos aliños.
  • Toma pan, cereais e produtos lácteos a diario.
  • É recomendable consumir carnes magras.
  • Toma pescado varias veces á semana.
  • Toma ovos con moderación.
 
 
 
-Polo tanto cada un deberá face-la compra pensando o que almorzar, xantar e cear. Lembra incluir:

*Lácteos
*Auga
*Froita
*Cereais
*Proteinas (ou oeixe ou carne)

Non incluir: ultraprocesados nin moito azucre.

RECOMPENSA..................30 LUGUESAS PARA CADA UN POR REMATAR E 30  MÁIS POR FACELO CORRECTAMENTE .

8ª ACTIVIDADE

Nesta tartefa teredes que elaborar un convite, dirixido ao  profesorado que vos imparte docencia, para, se lle apetece, veñan  pedalear e axudarnos a sumar  quilómetros e completar o percorrido que se indica no mapa. Nesa invitación deberá  incluirse a seguinte información:
 
- Os dous motivos polos que facemos o proxecto:
 
  a- Por ser, no colexio, o ano adicado ao mar , de aí que sigamos o rio Ulla ata chegar á Ria de Arousa.
 
   b-Homenaxeamos, con este  proxecto,  ao escritor Francisco Fernández del Riego (autor ao que se adica  o Día das Letras Galegas neste 2023), que no seu libro Galicia fai referencia a este percorrido pola costa galega.

-Mencionar os días e horas nos que poden vir a pedalear.

-A cambio da súa colaboración entregarémoslle un diploma no que conste o agradecemento da clase de sexto, un poema e os quilómetros que fixeron.

-Asemade serán convidados a unha festa no día que rematemos o percorrido. (254 quilómetros)

RECOMPENSA..................30 luguesas A CADA EQUIPO POR REMATAR E 50 luguesas PARA O EQUIPO DA INVITACIÓN ESCOLLIDA E 50 PARA O EQUIPO DO DIPLOMA ESCOLLIDO  .
 

9ª ACTIVIDADE

Teredes que debuxar os escudos dos 15 concellos polos que iremos pasando coa bicicleta (ver os mapas)

RECOMPENSA..................30 luguesas A CADA EQUIPO POR REMATAR 

10ª ACTIVIDADE

De cada concello polo que pasedes ides "mercar" e probar produtos gastronómico tçipicos da zona, no caso de Touro ides mercar os seguintes produtoa:

1-Ovos de oca (1 para cada un)

2-Queixo (2 para o equipo)

3-Rosquillas (2 paquetes para o equipo)

Facede a conta e pagade á Banca o total.

11ª ACTIVIDADE

Kahoot sobre a película "Melodi", Verbos, Provincias e Comunidades autónomas.

30 luguesas para o 1º, 20 para o 2º, 15 para o 3º, 10 para o 4º e 5 para o 5º.

12 º ACTIVIDADE

Ao pasar polo concello de Vedra imos xantar nun restaurante e pernoctar nun hotel. Calcula o gasto para catro persoas. Lembra que o menú debe ser saudable: equilibrio de hidratos de carbono, graxas e proteinas .Preme aquí

13ª ACTIVIDADE

Na vosa viaxe en bicicleta decatáchedevos que a vosa boa relación cos compañeiros de equipo permite planificar un futuro laboral xuntos.........como? creando dúas empresas cada unha delas coas seguintes condicións:

a- Empresa do sectot primario e/ou secundario, nome, explicación da actividade, logotipo , publicidade-eslogan e desmbolso económico inicial.

b-Empresa de Guías turísticos  (sector terciario), nome, logotipo, eslogan e deseño da visita guiada a zona que vos da nome ao grupo (Catoira-torres do Oeste- Corrubedo-dunas-Baroña-Castro-)

c-Noia e Santiago deberán crear candanseu un xornal coas novas máis salientables (non bulos nin irrespetuosas) do colexio das vindeiras semanas
8ª ACTIVIDADEdE

No hay comentarios:

Publicar un comentario